Subvenciones
Beneficiarios:
Empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Pemes, incluídos autónomos
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio retallista, que non precisan estar dadas de alta en programas do punto anterior.
e) Que estean ao día nas súas obrigas coa facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
Conceptos subvencionables:
Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 25.000 € e máximo de 125.000 € por empresa. De superar este máximo procederase a axustar o gasto a este límite máximo. No caso do comercio retallista o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 15.000 € por empresa e máximo de 100.000 € por empresa.
Consideraranse gastos subvencionables todos aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos, e, en concreto subvencionaranse os seguintes tipos de gastos:
A. Consultaría necesaria para a elaboración de:
a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
Esta análise debe, como mínimo, analizar a madurez dixital e internacional da empresa e xustificar as oportunidades dunha estratexia de internacionalización dixital para a empresa tendo en conta os seus recursos.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 €.
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
Estes plans deben incluír, como mínimo, unha investigación, avaliación e selección de mercados e canles de vendas tendo en conta o potencial exportador dixital da empresa e os seus recursos dispoñibles.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 €.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
Estes plans deben de conter, como mínimo, a estratexia e as accións necesarias para deseñar, programar, conectar e posicionar tendas e catálogos on line multi-idioma. Así como unha análise SEO de web, catálogos on line e/ou tendas on line. Análise SEO por mercado xeográfico para Google e/ou buscadores de referencia (Baidu, Yandex para China e Rusia, por exemplo), e/ou SEO en marketplaces tipo Amazon, AliExpress, eBay.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 €.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
Aqueles que se relacionen directamente coa operativa dixital internacional como a adaptación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativa import-export no comercio electrónico.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 €.
B. Software de:
a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
Gastos subvencionable máximo: 6.000 €.
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERP).
Gasto subvencionable máximo: 30.000 €.
c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización de canles de vendas e de márketing on line.
Gasto subvencionable máximo: 30.000 €.
d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
Gasto subvencionable máximo: 22.000 €.
e) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar usuarios de interese obxectivo do negocio on line. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores on line por parte de axencias.
Gasto subvencionable máximo: 6.000 €.
Estes activos intanxibles serán acreditables segundo se indica no artigo 15.5.g), que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).
C. Outros gastos de:
a) Creación e adaptación de tendas on line e catálogos on line para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 €.
b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 €.
Contía da axuda: 80%